Xornadas de formación e divulgación no CEIP SEARA

Xornadas de formación e divulgación no CEIP SEARA

Durante os días 17 e 18 de decembro o proxecto “Moaña Libre de Plásticos” levou a cabo xornadas de concienciación e sensibilización sobre a contaminación mariña que estiveron dirixidas ao alumnado de todos os cursos de primaria e infantil do Centro CEIP SEARA de Moaña.

Nesta formación abordáronse todos os temas relacionados coa orixe e aparición de residuos plásticos nos ecosistemas mariños, tipoloxías de plásticos, sustancias tóxicas que conteñen e o seu impacto negativo no medio mariño. O obxectivo da formación foi ensinar como se pode axudar a mitigar o nivel de contaminación plástica na nosa contorna e poder desenvolver estas boas prácticas dentro do Concello de Moaña.

Ó tratarse dun proxecto multidisciplinar busca contribuír na concienciación ambiental da sociedade e traballar na mitigación de residuos plásticos no municipio, a través de formación, difusión, concienciación e limpezas do entorno costeiro.  O proxecto invita a individuos, centros educativos, asociacións e comercios a unirse a esta iniciativa para promover a desaparición da  contaminación plástica en Moaña. De esta forma, ofrece actividades que van dende a formación e divulgación de información sobre o impacto dos residuos plásticos, ata a súa limpeza en entornas costeiras. Outro dos pilares do proxecto é o chamamento ós comercios para que podan sumarse á iniciativa animándoos a substituír os materiais plásticos das súas bolsas por materiais máis sostibles.   

O proxecto foi presentado polo Concello á convocatoria de proxectos de Acción Local e Pesqueira da Ría de Vigo-A Guarda (GALP) e conseguiu unha subvención do 90% por parte desta agrupación que xestiona a financiación de proxectos co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). 

 

FONTE: morrazonoticias.com
farodevigo.es