Liñas de acción

O proxecto Moaña libre de plásticos conta con 3 liñas de acción principais.

Primeiro, formación e divulgación. Co fin de fomentar o interese pola contorna mariña do Concello de Moaña e de consolidar unha sensibilización ambiental elevada na poboación, prevese unha primeira fase do proxecto de  formación e divulgación ambiental relacionada coa contaminación mariña por materiais plásticos.

Abordaranse temas como a procedencia dos refugallos de plástico que aparecen nos ecosistemas mariños, as diferenzas entre macroplásticos e microplásticos, cales son os aditivos que conteñen os plásticos máis empregados na actualidade e a súa toxicidade, impactos negativos tanto de macroplásticos coma de microplásticos, como podemos nós axudar a frear o nivel de contaminación plástica, etc.

Asimesmo, ao longo desta fase, centros educativos, asociacións deportivas, profesionais, culturais ou de calquera tipo e público en xeral, poderán asistir e participar en xornadas e charlas tanto formativas coma divulgativas que se organizarán en función das necesidades observadas en cada colectivo.

Proxecto Moaña Libre de Plásticos

icon-1

FORMACIÓN E DIVULGACIÓN

Co fin de fomentar o interese pola contorna mariña do Concello de Moaña e de consolidar unha sensibilización ambiental elevada na poboación, prevese unha primeira fase do proxecto de  formación e divulgación ambiental relacionada coa contaminación mariña por materiais plásticos.

Abordaranse temas coma por exemplo: a procedencia dos refugallos de plástico que aparecen nos ecosistemas mariños, as diferenzas entre macroplásticos e microplásticos, cales son os aditivos que conteñen os plásticos máis empregados na actualidade e a súa toxicidade, impactos negativos tanto de macroplásticos coma de microplásticos, como podemos nós axudar a frear o nivel de contaminación plástica, etc.

Ao longo desta fase, centros educativos, asociacións deportivas, profesionais, culturais ou de calquera tipo e público en xeral, poderán asistir e participar en xornadas e charlas tanto formativas coma divulgativas que se organizarán en función das necesidades observadas en cada colectivo.

Así mesmo, o uso das novas tecnoloxías da información farase patente mediante a creación dunha páxina web que servirá de repositorio de contidos e como elemento de dinamización e difusión dos mesmos, eventos, noticias, etc.

icon-2

ACTUACIÓNS DE LIMPEZA DO LITORAL

Nesta fase prevense unha serie de actuacións co fin de atacar de cheo o problema e tratar de recuperar ecosistemas litorais e ecosistemas considerados fráxiles ou singulares coma por exemplo zonas de praia, zonas rochosas, intermareais, etc.

Esta segunda fase levarase a cabo con persoas voluntarias, entre as que se espera contar con algúns dos colectivos participantes na fase anterior e establecerase un calendario de actuacións periódicas ao longo do intervalo de execución do proxecto, tras o que se espera que as actuacións continúen.

Adicionalmente, búscase a contribución do proxecto á I+D+i do tecido europeo, a través do emprego da aplicación “Marine LitterWatch” da Axencia Europea de Medioambiente. Esta app combina a participación cidadá e a tecnoloxía moderna co obxectivo de axudar a crear unha base de datos sobre os refugallos mariños atopados nos ecosistemas litorais. Esta base de datos permite ao persoal investigador e ao persoal xestor da Comunidade Europea crear políticas ambientais mariñas ao tempo que involucra á cidadanía na súa recolección e monitoreo.

icon-3

ELIMINACIÓN DAS BOLSAS DE PLÁSTICO DO COMERCIO DE MOAÑA

Constitúe a fase máis innovadora e ambiciosa do proxecto.

Nesta fase pretende acadarse a eliminación total das bolsas plásticas do tecido comercial e institucional do Concello de Moaña, substituíndo as mesmas por bolsas doutro tipo de materiais máis respectuosos co medio ambiente, como poden ser papel, tela, materiais reciclados, etc…