Reparto de 3.000 bolsas de tea para distribuir no tecido comercial de Moaña

Reparto de 3.000 bolsas de tea para distribuir no tecido comercial de Moaña

Esta mañá fíxose entrega de 3.000 bolsas de tea ás persoas representantes das asociacións ACIMO e ASEMMO de MoañaAs bolsas estarán a disposición de todos aqueles comercios que queiran sumarse a esta iniciativa e se animen a substituír os materiais plásticos das súas bolsas por materiais máis sostibles. As bolsas estarán a disposición dos comercios a partires do luns día 15 de marzo e poderán ser recollidas no edificio do Concello.    

Este reparto forma parte do porxecto “Moaña Libre de Plásticos”  e do seu compromiso de concienciar a toda a cidadanía sobre a contaminación mariña e eliminar o impacto dos residuos plásticos no medio ambiente, sobre todo das bolsas de plásticos dun só uso O obxectivo desta acción é mitigar o nivel de contaminación plástica na nosa contorna e poder desenvolver boas prácticas como esta en todo o Concello de Moaña. 

FONTE: morrazonoticias.com
farodevigo.es