Moaña desenvolve un proxecto contra o plástico e moverá ao comercio para usar outras bolsas

 

“Moaña libre de plásticos” logra subvención do Galp – Haberá intervencións colectivas

 

O Concello de Moaña únese á loita contra os plásticos mariños cun proxecto multidisciplinar que inclúe traballar co comercio para eliminar as bosas deste material dos seus establecementos e substituílas por outras de papel ou outras variedades, entre máis actividades.

O concelleiro de Medio Ambiente, Odilo Barreiro, asegura que nos últimos anos, a comunidade científica mundial e as institucións lanzaron a voz de alarma sobre a preocupante situación derivada dos residuos plásticos que chegan aos mares ano tras ano xerando problemas ambientais e de saúde pública. Con este sentir, o Concello presentou á convocatoria dos proxectos Galp 7-Grupos de Acción Local de Pesca da ría de Vigo-A Guarda, un proxecto baixo o nome de Moaña “libre de plásticos” que propón unha serie de accións para afrontar a situación a nivel local. O proxecto resultou merecedor dunha axuda do 90% desta convocatoria que xestiona o financiamento de proxectos co Fondo Europeo Martítimo e da Pesca (Femp). Haberá actividades de divulgación, formación e sensibilización destinadas a que a poboación aprenda sobre esta problemática; intervencións colectivas con voluntarios para retirar lixo mariño do litoral moañés.

 

FUENTE: Faro de Vigo