10 Abr Xornadas de formación e divulgación nos CEIP de Moaña
Durante os días 7, 8 e 9 de abril o proxecto “Moaña Libre de Plásticos” levou a cabo xornadas de concienciación e sensibilización sobre a contaminación mariña que estiveron dirixidas ao alumnado dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Moaña. Nel participaron os CEIP Quintela, Reibón, Domaio, A Guía, Abelendo e Tirán.
Nestas formacións abordáronse todos os temas relacionados coa orixe e aparición de residuos plásticos nos ecosistemas mariños, tipoloxías de plásticos, sustancias tóxicas que conteñen e o seu impacto negativo no medio mariño. O obxectivo da formación consistíu en ensinar como se pode axudar a mitigar o nivel de contaminación plástica na nosa entorna e poder desenvolver estas boas prácticas dentro do Concello de Moaña.
Desta forma “Moaña Libre de Plásticos” cumpriría co obxectivo de concienciar e sensibilizar a poboación máis xoven do concello, converténdose en persoas prescritoras para as súas familias e achegados e conseguir así que a mensaxe teña un impacto multiplicador.