Xornada de recollida de lixo na praia da Xunqueira

Xornada de recollida de lixo na praia da Xunqueira

“Moaña Libre de Plásticos” levou a cabo unha xornada de recollida de lixo durante a mañá do domingo 28 de marzo na praia da Xunqueira. Á recollida acudiron unhas 67 persoas participantes de todas as idades e recolléronse aproximadamente uns 115 kg de lixo.  

A maioría dos residuos eran de tamaño pequeno pero aínda así púidose distinguir gran cantidade de plástico de uso doméstico (cabichas, toalliñas hixiénicas, botellas de plásticos, bastonciños de algodón, etc.) e tamén residuos da actividade pesqueira como sacos ou redes enterrados no areal.  

Desta maneira “Moaña Libre de Plásticos” cumpre cun obxectivo medioambiental moi importante, xa que durante as xornadas as persoas participantes foron conscientes de primeira man da problemática existente e o importante que é para a contorna marítima do Concello de Moaña a boa xestión dos residuos, sobre todo dos plásticos, para que non acaben no medio mariño e incidan sobre o valor medioambiental, paisaxístico e económico do Concello.  

FONTE: farodevigo.es