Limpeza da praia de Meira

Limpeza da praia de Meira

Durante esta mañá levouse a cabo unha xornada de recollida de lixo na praia de Meira. Na recollida participaron aproximadamente 40 persoas, o cal foi todo un éxito tendo en conta as condicións meteorolóxicas adversas que tiveron lugar. Todas as persoas contaron co material necesario (luvas, bolsas, aparellos, etc.). Recolléronse aproximadamente 300Kg de lixo onde a gran maioría eran residuos plásticos.

Entre os residuos recuperados puidéronse distinguir plásticos de uso doméstico (bastonciños de algodón, tapóns de botellas, cabichas, envases hixiénicos, etc.) así coma plástico provinte da actividade pesqueiras como poden ser lonas, envoltorios, ferramentas de plástico ou garrafas enterradas no areal.

Nestas xornadas tamén se completaron os obxectivos medioambientais, xa que a parte da recollida e xestión dos residuos, as persoas participantes foron conscientes directamente da problemática existente e o importante que é para a contorna marítima do Concello de Moaña a boa xestión dos residuos, sobre todo dos plásticos, para que estes non acaben no medio mariño e incidan sobre o valor paisaxístico e económico do Concello.

FONTE: farodevigo.es