Charla á cidadanía “A repercusión da mala xestión dos plásticos e en como nos afecta a súa acumulación nos maREs e océanos”

Charla á cidadanía “A repercusión da mala xestión dos plásticos e en como nos afecta a súa acumulación nos maREs e océanos”

O mércores 23 de decembro levouse a cabo unha sesión de divulgación dirixida a toda a cidadanía de Moaña. A sesión tivo lugar no Salón de Actos do propio edificio do Concello e nelas informouse da problemática da presenza de plásticos e microplásticos no medio mariño e os seus impactos negativos. Tamén se fixo unha primeira aproximación ás novas lexislacións en materia de residuos e Economía Circular para así poder contextualizar a situación e poder avanzar nesa problemática e adiantarse a futuras restricións.

A sesión púidose ver en directo mediante o Facebook do Concello de Moaña a cal segue subida na rede para que todas as persoas que estean interesadas podan visionar o video en calquera momento.

O proxecto “Moaña Libre de Plásticos” foi presentado polo Concello á convocatoria de proxectos de Acción Local e Pesqueira da Ría de Vigo-A Guarda (GALP) e conseguiu unha subvención do 90% por parte desta agrupación que xestiona a financiación de proxectos co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). 

FONTE: farodevigo.es